Blogia

Blog do CEIP Montemogos

Loros

Os loros son un tipo de aves que soen vivir na selva, aliméntanse de froitos, como por exemplo: a papaia, o mango, as avelás e os plátanos.

Hai varios tipos de loros: o papagaio, o ará, o cola vinagre, o iaco, etc.

O seu pico é ganchudo, as súas patas son pequenas e rugosas e teñen unhas ás e unha cola moi colorida.

Hai xente que lles pon trampas para cazalos e vendelos a outros países, e iso aféctalle moito á sua saúde porque poden morrer ao pasar dun lugar cálido como é o seu hábitat a outro lugar máis frío.

A vida do cabalo

Os cabalos son animais mamíferos. Teñen o sentido do oído mellor que unha persoa e tamén a vista. Os cabalos non poden estar pechados na corte porque se poñen furiosos, e por iso teñen que estar en liberdade.

Os cabalos lévanse moi ben coas persoas, poden ser de carreiras ou de loita e na guerra eran os máis fortes aparte das persoas. En Galiza hai moitas especies de cabalos, nas casas utilízanos para levar a palla ás hortas. ! É IMPRESIONANTE!

 

O gato persa

Os gatos persa son cariñosos. Son peludos e tamén son bonitos.

 

Os cans Sharpeis

Os cans Sharpei son moi bonitos, hai algúns que parecen mantas. Nós temos un que se chama Rambo.

É moi bo e manso e de cor marrón clariño e moi pequeniño e ten moitas enrrugas. Ten catro patas coma todos os cans, a súa cara é tan bonita que parece un sol.

 

Cockers

Os cockers son moi xoguetóns e mimosos. Rompen todo o que encontran por diante e non só os cockers pequenos senón tamén os maiores. Teñen as orellas onduladas e non crecen moito. Eu teño un, que rompe todo, pero é tan mimosa que se lle dis calquera cousa, pensa que lle estás a berrar.

Cristiano Ronaldo

Cristiano Ronaldo é un xogador de fútbol portugués que xoga no Manchester United e leva 24 goles. É o xogador que marcou máis goles na Premier League. Tamén xoga na selección de Portugal.


O totafón

No país de Galicia hai moitas tendas de totafón. O totafón é un produto que podes saborear ao mesmo tempo que falas. Ao longo do día disfruto do totafón cando me deixa miña nai. É divertidísimo totafonear cos nosos amigos. Pero coidado, non abusar, a factura pode ser bestial.

O rapaz ao que lle doe a moa

Había unha vez un rapaz que estaba no cole e empezoulle a doer unha moa, púxose a chorar porque morría de dor. Chegou a casa e díxolle a súa nai que lle doía unha moa. A correr foron ao dentista, e o dentista miroulle a moa e díxolle que tiña que quitala. Quitáronlla e chorou pero o dentista díxolle á nai que tiña que tomar xeados. Entón púxose contento e foron comprar xeados e colorín colorado este conto esta rematado.Sonriente

Quen somos?

Nos somos dúas nenas de 6º B, Aida e Irene, gústanos patinar e nadar. De maior, Irene quere ser avogada e Aida quere ser profesora. Gústannos os cadelos de pelaxe suave e detestamos as espantosas arañas.

A nosa cor preferida e o azul ceo, porque demostra vitalidade e alegría. Somos estudosas e somos moi felices por ter a optortunidade de coñecernos.

As mellores amigas Aida e Irene

 

Gatos e cans

Os gatos son moi cariñosos, teñen os ollos moi chulos, o seu pelo é moi suave, case todos son domésticos, teñen catro patas. Eu teño un de cor branca e marrón que se chama Mica e sempre se tira aos pés da xente. (Laura)

Os mamíferos terrestres son moitos en Galicia e noutros lugares do mundo como os cans, os gatos e outros animais máis. Os cans son mamíferos terrestres con pelo, e patas. Os cans son moi cariñosos. Os gatos son moi rabudos, teñen pelo e patas como os cans pero non son tan cariñosos. (Iria)

O can e o animal doméstico máis antigo dende fai moito tempo, é o mellor amigo animal dunha persoa. Sirven para a caza, tamén poden ser pastores, axudan as persoas cegas a guialas, poden ser gardas de vixiancia ou acompañar aos equipos de rescate a localizar vítimas no mar ou na neve. Os cans tamén poden acompañar aos policías a detectar drogas e buscan persoas seguindo rastros. Os cans poden chegar ata vinte anos de vida. IMPRESIONANTE! (Sara e Antía)

Os animais son moi bonitos. Por exemplo: o can, o gato e os animais mariños. O can é un animal doméstico, é o mellor amigo do home, ten pelo e é un mamífero. Hai moitas razas de cans: coker, pastor alemán, pastor belga, colin, xaski ... O gato tamén é doméstico pero non se queda tanto na casa e non se pode xogar con eles. Teñen pelo e son mamíferos. (Vanesa)

Fernando Torres "El Niño"

Fernando Torres é un xogador de fútbol que meteu 24 goles esta tempada. Antes xogou no Atlético de Madrid e agora xoga no Liverpool, en Inglaterra. É un xogador moi famoso. É guapo para algúns e algunhas e para outros e outras é horroroso.


Os Dinosauros

Os dinosauros son un grupo de animais vertebrados que dominaron na Terra durante uns 160 millóns de anos Sorprendido alcanzando unha gran diversidade e tamaños xigantescos. Tiñan as patas debaixo do corpo, como os mamíferos, e non aos lados como a maior parte dos réptiles.

Podedes ver máis información na Wikipedia

TAEKWONDO

O taekwondo (ver na wikipedia) é unha arte marcial que ten a súa orixe en Corea, onde actualmente é deporte nacional. É moi coñecido e popular pola espectacularidade das súas técnicas de pé e actualmente é a arte marcial máis popular do mundo, con millóns de seguidores en todo o planeta; o seu desenvolvemento remóntase a uns 2000 anos atrás, pero co nome de taekwondo coñéceselle dende fai uns 50 anos. Hoxe en día converteuse nun deporte moi estendido. Nos Xogos Olímpicos de Seúl 88 fixo a súa primeira aparición como un deporte de exhibición. Neste evento competiron 183 atletas.

Real Madrid

O Real Madrid é o mellor equipo da liga española, agora mesmo lévalle nada máis nin nada menos que oito puntos ao Barça. Que vergonza Avergonzado deben sentir os afeccionados do Fútbol Club Barcelona.

Pit Bull Americano

O Pit Bull Americano é un termo xenérico usado para agrupar diferentes razas ou cruces de cans, como: Bull Terrier, American Staffordshire Terrier, Pit Bull Terrier Inglés, ou o Staffordshire Bull Terrier.

Estes cans poden ser moi fieis, confiados e cariñosos, pero nalgúns casos, moitas veces por maltratos recibidos dos seus donos ou por seren adestrados para pelexar, chegaron a causar incidentes nos que atacaron a persoas, causando feridas graves e ata a morte.

Entrega de premios do Concurso de Viñetas do Día Internacional da Muller

Aquí os presentamos a Ilustración presentada por Sara Menduíña, de 5º curso, que foi gañadora dunha mención especial, e gañou un libro para ela e outros para a biblioteca do cole. Grazas a todos e todas por participar e sorte para a vindeira edición.


Contacontos no Día Internacional da Muller

Hoxe houbo sesión de contacontos no cole para todos os nenos e nenas. Neka contounos os contos de Leopoldo e Casilda e o do Crocodilo namorado. Cousa rara que un crocodilo se namore dunha xirafa, pero son cousas que pasan. Os contos fannos pensar que todos e todas somos persoas e que é bo respectar as nosas diferenzas.

Os cinco en perigo, de Enid Blyton

Esta historia narra a aventura que viven cinco amigos: Ana, Jorgina, Dik, Julian e o seu can Tim.

Eles marchan de excursión ás montañas. Despois de pasar dous días na granxa piden permiso para hospedarse nunha cabana e alí descobren un castelo onde pola noite se escoitan berros incesantes e estremecedores.

Os cinco xuntos co fillo da vella propietaria da granxa desvelan o que sucede no castelo:

Uns homes teñen prisioneira a unha señora mentres rouban un mineral moi valioso do soto e non tardan en resolver este misterio tan intrigante.

Aquí tedes máis información dos libros de Enid Blyton. 

Prehistoria: os dentes de sable

Na Prehistoria había tigres leóns e guepardos con dentes de sable.

Os máis fortes eran os tigres: mataban mamuts, camellos, rinocerontes, e ás veces matábanse entre eles.

 

Os debuxos manga

Os debuxos manga son uns debuxos difíciles de facer pero son chulos. Non podes imaxinar o que debuxan porque son moi raros.

20060827023034-nightmare-abyssal.jpg20060811150017-basilisco-abismal.jpg

20060811142815-icegryphon.jpg20060809161412-pentacornio.jpg