Blogia

Blog do CEIP Montemogos

A astucia do raposo comilón

A astucia do raposo comilón

 

Había unha vez un granxeiro e un raposo que estaban no campo.

O raposo empezou a comer as galiñas diante dos propios fuciños do granxeiro, que moi rabioso foi correndo á súa casa buscar a escopeta.

Cando chegou de volta xan non había nin galiñas nin raposo.

Daquela amarrou a escopeta polo gatillo a unha árbore e puxo unha galiña morta diante.

O raposo, que non era parvo, subiu á árbore, traboulle á corda, a escopeta caeu e levou a galiña.

Xa sabiamos que o raposo é o animal máis listo do mundo!!

Excursión a Vigo

O pasado día 15 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria fomos a Vigo ver un concerto ao Auditorio de Caixanova. Alí ensináronnos os instrumentos e fixeron un concerto para todos os alumnos, onde nós tamén puidemos participar.

Despois de merendar visitamos a exposición de Picasso na fundación Pedro Barrié de la Maza. Contemplamos cadros que pintou Picasso e ao rematar a visita, fixemos unhas cabezas en 3D para mostrar o nosa creatividade e imitar o maestro do cubismo.

 

As matanzas do porco

As matanzas de porcos son moi tradicionais. Pódense matar de varias maneiras: no banco, colgándoo, e matándoo coa pistola. Agora só se pode matar coa pistola, porque non se pode facer sufrir aos animais e senón póñenche unha multa.


Porta

Porta é un cantante español de HIP HOPChulo, o seu disco máis vendido é "No es cuestión de edades" no que a canción que máis triunfa é "Mi sueño de hadas" .Chulo

LORDI

Lordi é unha banda de Hard Rock e Metal (influenciada polo grupo KISS) con toques de teatro melódico fundada no ano 1991 e gañadora do Festival da Canción de Eurovisión 2006

 

O Diablo

O diablo é unha criatura do inferno, un lugar terrible onde castigan os pecadores e non teñen piedade con ninguén, incluso cando fallan os seus servidores os mata sen ter piedade.

 

O FAGOT

ESTO ES UN FAGOT

 

 

 

Coma o Oboe, o Fagot é un instrumento de lingüeta dobre.

O seu tamaño é catro veces máis grande que o do Oboe. É capaz de producir efectos cómicos da orquestra, e por iso tamén se lle apoda o "bufón".

É o instrumento máis grave de todos os de madeira e gáñalle a todos os de corda.

Aínda hai un instrumento máis grande e máis grave, que se chama Contrafagot. Se queres escoitar como sona visita o seguinte sitio, pois a información está recollida da páxina de corazonistas.com

 

Dave Batista

Fai algúns días na boca da xente andaba tráxica noticia, un loitador ao que todos queremos morrera DAVE BATISTA. Afortunadamente todo foi un rumor, e el está san e a salvo.

Excursión a Cabo Udra

Hoxe saímos os de 4º, 5º e 6º de excursión a Cabo Udra. Os de 6º fomos con Pili de guía e dimos a volta a todo o e espazo natural. Primeiro vimos o lugar onde se recollía o peixe e se tintaban as redes, que agora chámase o chiringo do tío Paco.
Despois estivemos no miradoiro de aves. A seguir, e despois de camiñar un bo treito chegamos ás baterías militares, zona na que había tres canóns para defender a ría dos barcos inimigos, e que agora van convertir nunha Aula da Natureza.
Despois de andar un pouco máis foi a hora da merenda. A seguir vimos unhas covas cerca da zona recreativa e xa para acabar fomos descansar ata a praia. Rubén, o noso guía particular, contounos emocionantes historias de esquíos, xabaríns, ou do submarino que afundiu en Ons. El vai ser o mellor guía de Cabo Udra.
Para acabar contareivos que hoxe foi o día de San Valentín e os corazóns andaban alterados... houbo máis dunha declaración de amor, e entre os afortunados e afortunadas estiveron Salva, Marta, Erica... e seguro que algún máis. Sorte a todos.
Pinchando nesta foto podedes ver o resto das que fixemos.

A excursión a Vigo: os cadros de Picasso

O día venres 15 imos de excursión a Vigo, ver a exposición de Picasso, na sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Pablo Ruiz Picasso foi un pintor español nado en Málaga en 1881. Cando tiña 22 anos foise vivir a París e morreu alá en 1973. Foi o fundador do cubismo -movemento pictórico que revolucionou a pintura do século XX.

(Se queres saber máis pincha co rato na foto).

Tamén antes de ir ver a exposición de Picasso, iremos a un concerto de instrumentos.

SLIPKNOT

Slipknot é un grupo metal, formado en Des Moines no estado de Iowa. Caracterízase polo feito de que cada un dos compoñentes leva unha máscara. Son nove compoñentes. Todos teñen lesións graves pola súa brutalidade no escenario.

Tedes máis información na Wikipedia 

Jhon Cena

Jhon Cena é un loitador moi bo de pressing catch raw. Chulo

A pesar da sua lesión,Sorprendido foi elixido por segunda vez para ocupar o primeiro lugar da organización americana que determina os oitenta mellores loitadores do mundo.Riendo

O seu nome verdadeiro e Jhon Felix Anthny Sena.Guiño

Conmemoración do día da muller traballadora (8 de marzo): actividades

Co gallo da conmemoración do día 8 de marzo de 2008, Día Internacional da muller traballadora, temos en marcha as seguintes actividades:

1. O II Concurso de Viñeta e Ilustración "A igualdade no traballo", convocado polo CIM do concello de Bueu. Aquí tedes as bases da convocatoria.


Máis viñetas para inspirarse nos seguintes enlaces:

Viñetas de Forges

Tira cómica MAGOLA

2. Actividade de CONTACONTOS nos colexios de Infantil e Primaria, con 3 contos propostos:

3 . Este ano o CIM propón traballar arredor das mulleres (neste caso mestras) que foron represaliadas trala guerra civil do ano 1936. Neste concello víronse nesa situación:

1.- Aurora Vidal Martínez. Mestra da Banda do Río.

2.- Euxenia Domínguez. Mestra de Cela, suspendida no cargo.

3.- Leopoldina Gómez. Mestra en Bon, suspendida no cargo.

4.- Tareixa López González. Mestra en Bueu, suspendida no cargo.

En cada colexio, un grupo de nenos e nenas fará unha entrevista a un familiar destas mulleres ou a algunha outra que sufrise unha situación similar e gravarase en vídeo, co obxecto de poder editar un DVD con todas as entrevistas feitas.

Para coñecer máis sobre as persoas represaliadas en Bueu tralo alzamento militar franquista de 1936 podes visitar a web da Asociación de Amigos de Johán Carballeira, que fora alcalde de Bueu asasinado en 1936.


Entroido 2008

Hoxe tivemos o desfile de entroido, lástima que a chuvia non nos deixase ir ata a praza lucir os traxes. Pero aínda así presentamos as comparsas no salón de actos diante dos nosos pais e nais e logo desfilamos arredor do cole.

E a seguir imos ver uns vídeos. Así estaba o ambiente antes de empezar:



Os nenos e nenas de infantil de Cabalo e as súas profes comezan o desfile disfrazados de cartas da baralla.



Aínda faltaban os de Bon e Curraces... deseguido viñeron os de 1º ciclo, disfrazados de ratos Micki e Minnie.

 

Os de 2º ciclo foron todos de perigosos piratas do Caribe... daba medo velos! Xa para rematar, os de 3º ciclo eran Peter Pan e Campaniña e Alí Babá e os seus malvados 40 mamóns.




Ao rematar tivemos unha super merenda con filloas e orellas e comemos todos a fartar!!


Para acabar imos ver unhas fotos do desfile. Pinchade nesta foto para ver o resto.


Celebración do Día da Paz

Hoxe celebramos o día da paz no cole.

Xuntámonos todos os nenos, as nenas, os profes e as profes e támén Moisés no patio e limos uns manifestos que traballaramos na clase. Despois, pegámolos nunha pancarta moi grande.


Imos ver en primeiro lugar a dúas nenas de educación infantil lendo os seus manifestos.


Os nenos de 1º curso (Rebeca e Sergio) déronnos a receta da Tarta da Paz, e fartar fartámonos... de rir, claro.



Por 2º A leron os manifestos Cristian e Ana



Por 2º B leron André e Raquel



Os de 4ºB (Anxo e Ana) e os de 5º (Vanesa e Jorge) van no mesmo vídeo:

 

E os últimos manifestos léronos as nenas de 6ºB Aida e Celeste



Para rematar cantamos todos xuntos unha canción.



Antes de despedirnos poñemos unha foto que nos lembra o que temos que facerlle ás guerras: quen se apunta?

E un xogo de preguntas para ver quen gaña o premio ó mellor pacifista:

Recollido no blog Ensino en galego

A Mesa pide á TVG que volva emitir o Xabarín Club polas tardes

Noticia recollida no blog de GZnación 29 Xan 08

A Mocidade pola Normalización Lingüística e o Colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego, seccións da Mesa pola Normalización Lingüística denuncian a modificación no horario de tarde da TVG, que deixa fóra o ‘Xabarín Club’, o coñecido espazo televisivo infantil da canle pública. Co cambio, o programa fica relegado aos sábados pola mañá e máis a un reducido oco na primeira hora da mañá pola semana de, aproximadamente, unha hora de duración.

Novo buscador en galego

 

Xa podiamos realizar as nosas buscas en Google en galego normativo (a través de egoogle.org), pero agora contamos cunha nova achega: jujel.es, un experimento en cooperación con Google Inc. para limitar as buscas ás referencias galegas, ademais de ter unha portada ben simpática e orgullosa da nosa variedade dialectal, representando graficamente a gheada e o seseo.

Noticia recollida e e ampliada en A nosa terra diario 

Atrapacontos no noso cole: Anxo Moure

Hoxe visitounos nas escolas de Curraces, Bon e Cabalo e tamén no cole de Beluso o famoso atrapacontos Anxo Moure, que chegou montado na súa super ciclobiblioteca (unha bici cun cesto cargado de libros).

Anxo pertence a unha ONGD que se chama "Bicis pola paz", e que lle envía bicis aos mestres e os médicos dos países pobres onde a xente só ten para andar a pé.

Logo ensinounos a atrapar os contos, a comelos e a contalos.

Gustáronnos moito os contos do Lobo Garabelos, do Chinchanciño, da nube Cristina, da xacia Lubiñas que daba cariciñas... e moitos máis...

Aquí Anxo estalle ensinando o seu corazón reciclado aos nenos. Reciclouno porque se portaba mal. O resto das fotos podedes velas pinchando na de arriba.

Para non esqueceros, moitos dos contos tédelos na páxina de Contos Solidarios.

E xa de despedida imos ver uns vídeos: no primeiro os nenos miran polo miramundos, o corazón dunha árbore, e cando isto fan xa nunca máis poden facerlle dano á natureza.



No segundo vídeo lembramos o que fixemos nos contos: limpamos o bosque, prantamos árbores da palabra paz, non deixamos que Chinchanciño tirase máis lixo, abrazamos as árbores, reciclamos o noso corazón e convertimos o vento da mentira en vento da xustiza e da liberdade.... para sermos os salvadores do mundo.

Moitas grazas, Anxo, e ata pronto.

Inmersión Lingüística en inglés no verán 2008 (para os nenos e nenas de 6º)

Convócanse 100 prazas con aloxamento en campamentos ou residencias para este verán. É unha excelente oportunidade para mellorar o noso inglés e temos que apuntarnos enseguida.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES COMEZA O VENRES 18 DE XANEIRO E PERMANECERÁ ABERTO ATA O 18 DE FEBREIRO.

Tedes máis información de como solicitar a axuda pinchando no debuxo de abaixo.


Se xa estás convencido podes imprimir este documento para apuntarte. Sorte !!

O capitán do Barsa

Carles Puyol xa leva 14 anos no Barça. É o defensa central máis bo de Europa e o capitán do fútbol club Barcelona. Leva xogando ao fútbol desde os 6 anos. Naceu en Cataluña, ten o pelo castaño ourizo e ten 32 anos. (Temos máis información na Wikipedia )