NOVA TEMPORADA PARA FERNANDO ALONSO
Este ano Fernando Alonso estará de novo coa escudería Renault por problemas na temporada pasada con Mclaren. Briatore está moi
de recibir a Fernando Alonso e espera ter moitos éxitos con el de novo.

Este ano Fernando Alonso estará de novo coa escudería Renault por problemas na temporada pasada con Mclaren. Briatore está moi
de recibir a Fernando Alonso e espera ter moitos éxitos con el de novo.

Onte celebrouse o festival de Nadal deste ano. Acudiron moitísimos dos nosos pais e nais e fixémolo realmente moi ben.
Ao final viñeron os Reis Magos de Oriente, e déronnos moitos regalos.

Podedes ver algúns dos vídeos do festival:
1. Os nenos e nenas de educación infantil cantáronnos a panxoliña titulada "Vitamina C"
Outros vídeos podedes velos nos enlaces:
A danza das estrelas dos nenos e nenas de 1º
Teatro "Mamasiña, que medo" dos nenos e nenas de 4º
Teatro... (outro momento, con fantasma incluído)
Os nenos e nenas de 4º tocan "Ondiñas veñen" coa frauta
Os nenos e nenas de 5º cántanlle ós reis os cornechos de cabra
Os nenos e nenas de 6º maquíllanse cunha canción de Mecano
Ao final de todo os Reis Magos déronnos un feixe de regalos:
Onte saíu á rúa o periódico escolar FIADEIRO, onde participaron todos os nenos e nenas do CEIP MONTEMOGOS. Esta vez repartíronse CDs en formato dixital para que tamén poidades velo no ordenador.
Aquí tedes unha selección dos artigos publicados:
Orla dos nenos e nenas de educación infantil
Os nenos e nenas de infantil opinan dos deportes
PRIMEIRO CICLO:
Conto dos nenos de primeiro curso (Sopa de esqueleto)
SEGUNDO CICLO:
Conto dos nenos de segundo ciclo (No lago e o golfiño Raúl)
Os nenos e nenas de segundo ciclo recomendan libros para ler
Os nenos e nenas de segundo ciclo lémbrannos os xogos dos nosos avós
TERCEIRO CICLO
Non esquezades responder ás 10 preguntas sobre o periódico e así gañar uns bos premios!!
Freeride é unha modalidade de mountain bike que consiste en facer trucos nos saltos e con obstáculos artificiais.
Eu, Serafín e Iván imos comprar unha bici de freeride: a "Conor Enemy Deore Disco" a bici rosa que sale na imaxe.

Aquí tedes unha demostración do divertido deste deporte:
O corzo é un animal que vive no medio do bosque e que se alimenta de follas de árbores, de froitas do bosque e de brotes tenros. É moi difícil de ver pois pasa o día escondido entre as árbores.

Hoxe na biblioteca collimos todos o libro dos Simpson. Gustanos moito porque son personaxes que nos fan rir moito. Os pais chámanse Marge e Homer, e os seus fillos son Bart, Lisa e Maggi. Tamén teñen un can que lle chaman Pequeno Axudante de Santa Claus, e un gato, e o seu nome é Bola de Neve. Son moi divertidos!!

Jeff Hardy é un loitador profesional que pelexa actualmente na WWE, concretamente en raw.
Naceu o 31 de agosto de1977 en Carolina do Norte, EEUU, co seu irmán Matt Hardy. Jeff Hardy é actualmente o campeón intercontinental tras derrotar a Umaga.
altura:1,85
peso:102 kgs
residencia: Cameron
entrenador: Dory Funk

Batista é o loitador máis bo de SmackDown; agora mesmo é o campión dos pesos pesados. O seu finsher é a bomba Batista que é moi eficaz.
Recursos educativos en liña para lingua galega (ed. primaria)


Recursos educativos en liña para coñecemento do medio (ed. primaria)

Recursos educativos en liña para educación artística (ed. primaria)

Recursos educativos en liña para educación física (ed. primaria)
Recursos educativos en liña para lingua francesa (ed. primaria)
Máis aló de Fisterre é un libro de poemas que narra os sentimentos do seu autor, Francisco Alvarez Koki , foi imprentado en Pontevedra no 1991, é un libro moi bonito e recoméndovos que o leades.

No monte de Ermelo hai máis de 80 xabaríns. Poden pesar ata 163 quilos. Os seus caninos poden chegar ata os 20 cm. Os machos adultos afían os seus caninos de arriba contra os de abaixo e cando se acorralan poden atacar ás persoas.

As ligas de pressing catch son smackdowm e Raw, consiste en loita libre profesional.
Os mellores son: Batista, Undertaker e Randy Orton. Algunhas pelexas son moi sanguinarias en gaiola de quince metros. Os aspirantes ao título dos pesos pesados son: Rei Misterio e Finlay. O campeón da WWE e Randy Orton, que é un loitador de loita libre moi agresivo,con moi mal carácter e moi sanguinario.



No pressing catch raw e smacdown hai loitadores moi bos: son BATISTA, JEFF HARDY, TRIPLE H E HBK.
Nós Jorge, Agustin e Salvador vimos a peli do "Motorista Fantasma" e gustounos moito. Sobre todo a moto e o protagonista. Molaba porque era como un diaño que loitou contra outros diaños.


A banda de música de Bueu tocou no JOHAN CARBALLEIRA celebrando o concerto de Santa Cecilia o pasado sábado.
Meu irmán tocou o trombón de varas.

O venres pasado vimos a película "Quero ser como Beckam". Contaba as aventuras dunha moza que quería ser futbolista e a súa familia non a deixaba. Pero... ó final conseguiuno! Animámovos a vela.

O pasado venres entregáronse no concello de Bueu os premios do concurso de carteis contra a violencia de xénero, e temos que felicitar a Alba de 6ºA xa que conseguiu un dos premios. Ela está ben escondidiña na foto, pero seguro que a atopades!! (Pinchade na foto para vela máis grande)
A seguir podemos ver a Alba no acto de entrega de premios:
Para rematar aquí podedes ver o cartel de Alba, a gañadora do noso colexio:
O pasado venres 23 de novembro, no colexio público de Beluso proxectaron a película "Quero ser como Beckham ". A protagonista chamábase Jesminder e quería ser unha futbolista profesional. O seu ídolo era o famoso David Beckham. Pero tiña problemas cos seus pais: Eles xa tiñan a vida de Jesminder organizada!, querían casala cun home do seu pobo e que fose unha boa cociñeira e muller da súa casa. 
Un día Jesminder saiu a comprar. De regreso atopouse uns amigos que estaban xogando ao fútbol nun parque e invitárona e participou. Mentres xogaban pasou por alí unha moza que facía exercicio e quedouse pasmada co ben que xogaba. Cando acabou o partido a moza foi falar con Jesminder e díxolle se quería xogar nun equipo de fútbol feminino. Ela aceptou.
Ao final saíulle todo ben e ata conseguiu unha bolsa de estudos para unha universidade.
No colexio estanse facendo as ligas de: balonmán, futbito e baloncesto. Na escola xogamos as de 3º, 4º, 5º e 6º.

O profesor de educación física encárgase de facer as ligas, e así no recreo facemos deporte. A nos gústanos xogar moito, pois apuntámonos a case todas as cousas.
O seu neto regaloulle un blog cando María Amelia cumpriu 95 anos. Esta avoíña que vive en Muxía ten moitas cousas que contar. Mandámoslle unha aperta moi forte e moitos ánimos para que siga escribindo no seu blog.
"Neste mundo, hai xente ben intencionada. Poucos son os malos que queren desfacer este universo tan precioso. Eu conténtome e cos meus blogueiros, que son os que me dan a vida e me entreteñen. Ás veces, teño ganas de chorar e, nese momento, uns nenos mándanme unhas cartas. Que marabilla que se acorden dunha anciana. Queren que sexa a súa avoíña. Iso é unha preciosidade. Pero claro, hai xente que me chama tonta, porque a min gústame este internet. Algunhas de 60 anos coméntanme que me paso de moderna, pero eu dígolles que elas nin sequera teñen conversa."
Anímate a visitar o seu blog amis95.blogspot.com