Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Actividades

Acollemos aos novos nenos e nenas que veñen a 1º

Acollemos aos novos nenos e nenas que veñen a 1º

O venres 10 estiveron na clase de 1º coa profe Pili os nenos e nenas que o vindeiro curso estarán en 1º. Foi moi interesante porque os "maiores" axudáronlle a resolver as súas dúbidas: ¿tenéis muchos exámenes?, ¿os castigan mucho?, ¿hacéis muchas excursiones?...

Queremos lervos

Hola, amigo-amiga do CEIP Montemogos:

Que tal se probas a escribir no blog?

Podes contarnos o que máis te gustou da última Semana Cultural, algo que te sorprendeu nalgunha das excursións deste curso, algunha anécdota que compartir con todos nós... O blog seguirá aberto durante o verán Todo bien

Anímate!!!

 

OS MEDIADORES

Hola:
 
Nós somos os mediadores do cole: Yeron, Serafín, Mary e Andrea.
 
Estamos aquí para resolver os conflitos que teñades no colexio de Montemogos. Si tedes algún tipo de problema ou alguén vos pega ou se 
mete con vós, sa sabedes a quen acudir. Se aínda non nos coñecedes, ao entrar no cole, alí mesmiño, na entrada, está a foto que nos quitou Vanessa.

Para resolver os conflitos:

O  primeiro paso é preguntar o que pasou e escoitar a versión de cada un.

Segundo paso, preguntarlle a un o que pasou.

Terceiro paso, intentar solucionar o problema sen ser castigados.

Cuarto e último paso, xa resolto o problema dicímoslle que se disculpen e ímonos.

Adeus, amigos do C.E.I.P. Montemogos, espero que vos sirvamos de moita axuda.

Cun pé no cole grande

Cun pé no cole grande

Os nenos e nenas de 5 anos xa somos maiores e dentro dun pouco pasamos ao cole grande, por iso hoxe nos xuntamos para traballar un montón e coñecer un pouquiño máis o que se fai no cole grande.

As mamás, papás, avoas, tías... tamén estiveron no cole, nunha charla co xefe de estudos e a orientadora e fixeron un percorrido polas aulas, ximnasio, comedor... Gustoulles moito a clase coa pizarra dixital!

Que bo día pasamos!

CHARLA DE PIRAGÜISMO

CHARLA DE PIRAGÜISMO

O xoves 29 de abril asistimos a unha conferencia de piragüismo. Veu Kike  o preparador físico do Club Ría de Aldán e ensinounos os distintos tipos de embarcacións e de pas. Amosounos como sentar na piragüa e a posición na canoa. A continuación púxonos un vídeo das instalacións e dos alumnos do club e alentounos a participar deste marabilloso deporte olímpico.

 

Visita de Luis Davila

Visita de Luis Davila

O venres 5 de febreiro estivo connosco o debuxante Luis Davila (http://www.luisdavila.net).

Amosou ao alumnado do terceiro ciclo a problemática que se atopa hoxe en día a muller no traballo e plasmou a través de debuxos e viñetas unha morea de exemplos desta problemática. Resultou moi interesante e entretivémonos moitísimo.

Entre o Equipo de TICs e Biblioteca, elaboramos esta MINIQUEST, con recursos para crear as vosas propias viñetas.

Animámosvos a navegar por ela!

 

Xornalistas!

Todos os alumnos da clase de 4º cada 15 días xogamos a ser xornalistas contamos diante da clase un feito ou historia que nos aconteceu ou nos parece interesante por exemplo, eu, Sabela, falei dunha viaxe que fixen a Barcelona contei dun hospital que me gustou moito chamado o hospital SANTA CREU I SANT PAU tamén contei que conocín a unha amiga chamada Vanesa (Vane) para amigos...etc.

Eu Violeta falei do MONTE DO FACHO-DONÓN. Dixen que Donón é o pobo máis occidental da península do Morrazo.

Na cima do monte míranse as rías de Vigo e de Pontevedra e Bayona.Sellado

 

 

Barcelona

Unha adiviña que me ensinou a miña avoa

Adiviña, adiviñarás

cal é o bicho que

escravella máis.

A galiña


Monte Aloia

Os nenos e nenas de 5º curso fomos ó monte Aloia (ver na Galipedia) o ano pasado e pasámalo moi ben.

Comemos nunhas mesas de pedra e despois de comer, como había unha tenda cerca, algúns nenos e nenas fomos comprar xeados. Despois fomos a unha fonte e a un parque no que todo estaba feito de madeira. Foi un día moi especial e regresamos á nosa casa moi cansos de tanto camiñar.

A astucia do raposo comilón

A astucia do raposo comilón

 

Había unha vez un granxeiro e un raposo que estaban no campo.

O raposo empezou a comer as galiñas diante dos propios fuciños do granxeiro, que moi rabioso foi correndo á súa casa buscar a escopeta.

Cando chegou de volta xan non había nin galiñas nin raposo.

Daquela amarrou a escopeta polo gatillo a unha árbore e puxo unha galiña morta diante.

O raposo, que non era parvo, subiu á árbore, traboulle á corda, a escopeta caeu e levou a galiña.

Xa sabiamos que o raposo é o animal máis listo do mundo!!

Excursión a Vigo

O pasado día 15 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria fomos a Vigo ver un concerto ao Auditorio de Caixanova. Alí ensináronnos os instrumentos e fixeron un concerto para todos os alumnos, onde nós tamén puidemos participar.

Despois de merendar visitamos a exposición de Picasso na fundación Pedro Barrié de la Maza. Contemplamos cadros que pintou Picasso e ao rematar a visita, fixemos unhas cabezas en 3D para mostrar o nosa creatividade e imitar o maestro do cubismo.

 

Excursión a Cabo Udra

Hoxe saímos os de 4º, 5º e 6º de excursión a Cabo Udra. Os de 6º fomos con Pili de guía e dimos a volta a todo o e espazo natural. Primeiro vimos o lugar onde se recollía o peixe e se tintaban as redes, que agora chámase o chiringo do tío Paco.
Despois estivemos no miradoiro de aves. A seguir, e despois de camiñar un bo treito chegamos ás baterías militares, zona na que había tres canóns para defender a ría dos barcos inimigos, e que agora van convertir nunha Aula da Natureza.
Despois de andar un pouco máis foi a hora da merenda. A seguir vimos unhas covas cerca da zona recreativa e xa para acabar fomos descansar ata a praia. Rubén, o noso guía particular, contounos emocionantes historias de esquíos, xabaríns, ou do submarino que afundiu en Ons. El vai ser o mellor guía de Cabo Udra.
Para acabar contareivos que hoxe foi o día de San Valentín e os corazóns andaban alterados... houbo máis dunha declaración de amor, e entre os afortunados e afortunadas estiveron Salva, Marta, Erica... e seguro que algún máis. Sorte a todos.
Pinchando nesta foto podedes ver o resto das que fixemos.

A excursión a Vigo: os cadros de Picasso

O día venres 15 imos de excursión a Vigo, ver a exposición de Picasso, na sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Pablo Ruiz Picasso foi un pintor español nado en Málaga en 1881. Cando tiña 22 anos foise vivir a París e morreu alá en 1973. Foi o fundador do cubismo -movemento pictórico que revolucionou a pintura do século XX.

(Se queres saber máis pincha co rato na foto).

Tamén antes de ir ver a exposición de Picasso, iremos a un concerto de instrumentos.

Quero ser como Beckham

O venres pasado vimos a película "Quero ser como Beckam". Contaba as aventuras dunha moza que quería ser futbolista e a súa familia non a deixaba. Pero... ó final conseguiuno! Animámovos a vela.

Quero ser coma Beckham

O pasado venres 23 de novembro, no colexio público de Beluso proxectaron a película "Quero ser como Beckham ". A protagonista chamábase Jesminder e quería ser unha futbolista profesional. O seu ídolo era o famoso David Beckham. Pero tiña problemas cos seus pais: Eles xa tiñan a vida de Jesminder organizada!, querían casala cun home do seu pobo e que fose unha boa cociñeira e muller da súa casa. Llorando

Un día Jesminder saiu a comprar. De regreso atopouse uns amigos que estaban xogando ao fútbol nun parque e invitárona e participou. Mentres xogaban pasou por alí unha moza que facía exercicio e quedouse pasmada co ben que xogaba. Cando acabou o partido a moza foi falar con Jesminder e díxolle se quería xogar nun equipo de fútbol feminino. Ela aceptou.

Ao final saíulle todo ben e ata conseguiu unha bolsa de estudos para unha universidade.

Competicións deportivas

No colexio estanse facendo as ligas de: balonmán, futbito e baloncesto. Na escola xogamos as de 3º, 4º, 5º e 6º. 

O profesor de educación física encárgase de facer as ligas, e así no recreo facemos deporte. A nos gústanos xogar moito, pois apuntámonos a case todas as cousas.

ASAMOS CASTAÑAS NO MAGOSTO DO COLE

ASAMOS CASTAÑAS NO MAGOSTO DO COLE

O pasado día 9 de novembro celebrouse o magosto no C.E.I.P Montemogos. Todas as nenas e os nenos, ansiosos agardaban polas castañas.

Nesta foto amosamos como o conserxe Moisés lle daba voltas ás castañas que finalmente lle quedaron deliciosas.

Investigar en Primaria

investiga.gif

Algunhas recomendacións para facer un traballo de investigación. Dirixido ós alumnos e alumnas de 6º de Primaria.

Festa da tortilla e... VACACIÓNS!!

Hoxe levamos unha farta de tortilla no último día antes das vacacións. Agora toca pasalo ben no verán Sonriente


Visita das nais e pais do alumnado de 6º ó IES Illa de Ons

Comunicamos que o vindeiro xoves, día 14 de xuño, ás 12:00, os pais e nais do CEIP Montemogos de Beluso están invitados a visitar o insitituto Illa de Ons, en Bueu, onde serán recibidos polo equipo directivo e informados de todos aqueles aspectos do seu interese en relación coa asistencia dos seus fillos e fillas a este instituto no vindeiro curso.