Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Actividades

Exposición de pintura

Esta semana temos unha exposición no cole coas obras de pintura que realizaron os nenos e nenas do obradoiro de actividades extraescolares, organizado pola ANPA. Aquí temos as fotos:




Os alumnos de 6º visitan o IES Illa de Ons

O vindeiro mércores, día 6 de xuño, os alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria vamos visitar o IES Illa de Ons para coñecer como é o novo centro ó que vamos ir o próximo ano.

Temos moitas preguntas para facer:

  1. Como é o instituto, cantas aulas hai... hai biblioteca, sala de informática, ximnasio, cafetería...?
  2. A que hora comezan as clases, cando terminan, cal é a hora do recreo...
  3. Que materias hai no primeiro curso...hai optativas?
  4. Imos ter moitos profesores?
  5. .....

Mentres vamos alá, xa nos vamos informando acerca das cousas da ESO para aforrarlles preguntas á directora. Aquí tedes o que vamos atopando en internet:

Plan de Estudos (materias por cada curso)

Hoxe, día 6 visitamos o Instituto e a orientadora María José ensinounos a secretaría, a recepción onde estaba a bedel, o patio, o ximnasio, a sala de profes e a aula de francés, onde a directora Concha nos deu unha charla e respondeu ás nosas preguntas. Estivo moi ben. Antes de marchar vimos a cafetería e invitáronnos a unhas gominolas... así que xa non queriamos volver a Beluso. 

Temos unhas fotos cunha panorámica do Instituto, o ximnasio e o patio. 




Actividades con zona CLIC

Coñeces as actividades CLIC? Seguro que si. Aquí podes buscar calquera delas e facela directamente en internet.

Actividades en internet

Excelente e ampla recompilación de recursos online, clasificados por ciclos e materias.

Como funcionan as cousas?

 Nesta páxina podes ver a través dunhas animacións o funcionamento de distintos procesos, aparatos, etc.


 

Obradoiro de Xadrez

Os mércores despois do recreo temos varios obradoiros nos que participamos tódolos nenos e nenas do colexio.

Son os obradoiros de teatro, música, tecnoloxía, creatividade... e tamén de xadrez. Aquí podedes ver unhas fotos do obradoiro de xadrez.


Por certo, que hai unha dura batalla para gañar o campionato!!

 

Galicia encantada

 

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria: un feixe de mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras.

 

Poesías cantadas

Moitos poemas interpretados por diversos cantantes