Se muestran los artículos pertenecientes al tema Actividades.

01/05/2008

Monte Aloia

Os nenos e nenas de 5º curso fomos ó monte Aloia (ver na Galipedia) o ano pasado e pasámalo moi ben.

Comemos nunhas mesas de pedra e despois de comer, como había unha tenda cerca, algúns nenos e nenas fomos comprar xeados. Despois fomos a unha fonte e a un parque no que todo estaba feito de madeira. Foi un día moi especial e regresamos á nosa casa moi cansos de tanto camiñar.

01/05/2008 10:02 Autor: Iria y Vanesa. #. Tema: Actividades

25/02/2008

A astucia do raposo comilón

20080314101215-raposo1.jpg

 

Había unha vez un granxeiro e un raposo que estaban no campo.

O raposo empezou a comer as galiñas diante dos propios fuciños do granxeiro, que moi rabioso foi correndo á súa casa buscar a escopeta.

Cando chegou de volta xan non había nin galiñas nin raposo.

Daquela amarrou a escopeta polo gatillo a unha árbore e puxo unha galiña morta diante.

O raposo, que non era parvo, subiu á árbore, traboulle á corda, a escopeta caeu e levou a galiña.

Xa sabiamos que o raposo é o animal máis listo do mundo!!

25/02/2008 20:31 Autor: Paula, Joel, Xavi, Alex, Álvaro, Brais, Yoel, Arón e Anxo.. #. Tema: Actividades

20/02/2008

Excursión a Vigo

O pasado día 15 de febreiro os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria fomos a Vigo ver un concerto ao Auditorio de Caixanova. Alí ensináronnos os instrumentos e fixeron un concerto para todos os alumnos, onde nós tamén puidemos participar.

Despois de merendar visitamos a exposición de Picasso na fundación Pedro Barrié de la Maza. Contemplamos cadros que pintou Picasso e ao rematar a visita, fixemos unhas cabezas en 3D para mostrar o nosa creatividade e imitar o maestro do cubismo.

 

20/02/2008 17:20 Autor: jjsa. #. Tema: Actividades

14/02/2008

Excursión a Cabo Udra

Hoxe saímos os de 4º, 5º e 6º de excursión a Cabo Udra. Os de 6º fomos con Pili de guía e dimos a volta a todo o e espazo natural. Primeiro vimos o lugar onde se recollía o peixe e se tintaban as redes, que agora chámase o chiringo do tío Paco.
Despois estivemos no miradoiro de aves. A seguir, e despois de camiñar un bo treito chegamos ás baterías militares, zona na que había tres canóns para defender a ría dos barcos inimigos, e que agora van convertir nunha Aula da Natureza.
Despois de andar un pouco máis foi a hora da merenda. A seguir vimos unhas covas cerca da zona recreativa e xa para acabar fomos descansar ata a praia. Rubén, o noso guía particular, contounos emocionantes historias de esquíos, xabaríns, ou do submarino que afundiu en Ons. El vai ser o mellor guía de Cabo Udra.
Para acabar contareivos que hoxe foi o día de San Valentín e os corazóns andaban alterados... houbo máis dunha declaración de amor, e entre os afortunados e afortunadas estiveron Salva, Marta, Erica... e seguro que algún máis. Sorte a todos.
Pinchando nesta foto podedes ver o resto das que fixemos.
14/02/2008 21:45 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

13/02/2008

A excursión a Vigo: os cadros de Picasso

O día venres 15 imos de excursión a Vigo, ver a exposición de Picasso, na sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Pablo Ruiz Picasso foi un pintor español nado en Málaga en 1881. Cando tiña 22 anos foise vivir a París e morreu alá en 1973. Foi o fundador do cubismo -movemento pictórico que revolucionou a pintura do século XX.

(Se queres saber máis pincha co rato na foto).

Tamén antes de ir ver a exposición de Picasso, iremos a un concerto de instrumentos.

13/02/2008 19:35 Autor: NOEMI, ERICA E CARME. #. Tema: Actividades

29/11/2007

Quero ser como Beckham

O venres pasado vimos a película "Quero ser como Beckam". Contaba as aventuras dunha moza que quería ser futbolista e a súa familia non a deixaba. Pero... ó final conseguiuno! Animámovos a vela.

29/11/2007 11:40 Autor: Jorge, Agustín e Salva. #. Tema: Actividades

28/11/2007

Quero ser coma Beckham

O pasado venres 23 de novembro, no colexio público de Beluso proxectaron a película "Quero ser como Beckham ". A protagonista chamábase Jesminder e quería ser unha futbolista profesional. O seu ídolo era o famoso David Beckham. Pero tiña problemas cos seus pais: Eles xa tiñan a vida de Jesminder organizada!, querían casala cun home do seu pobo e que fose unha boa cociñeira e muller da súa casa. Llorando

Un día Jesminder saiu a comprar. De regreso atopouse uns amigos que estaban xogando ao fútbol nun parque e invitárona e participou. Mentres xogaban pasou por alí unha moza que facía exercicio e quedouse pasmada co ben que xogaba. Cando acabou o partido a moza foi falar con Jesminder e díxolle se quería xogar nun equipo de fútbol feminino. Ela aceptou.

Ao final saíulle todo ben e ata conseguiu unha bolsa de estudos para unha universidade.

28/11/2007 23:20 Autor: Rosana Alba Rubén. #. Tema: Actividades

Competicións deportivas

No colexio estanse facendo as ligas de: balonmán, futbito e baloncesto. Na escola xogamos as de 3º, 4º, 5º e 6º. 

O profesor de educación física encárgase de facer as ligas, e así no recreo facemos deporte. A nos gústanos xogar moito, pois apuntámonos a case todas as cousas.

28/11/2007 23:03 Autor: Erica, Carme e Noemi. #. Tema: Actividades

14/11/2007

ASAMOS CASTAÑAS NO MAGOSTO DO COLE

20071114204315-moi1.jpg

O pasado día 9 de novembro celebrouse o magosto no C.E.I.P Montemogos. Todas as nenas e os nenos, ansiosos agardaban polas castañas.

Nesta foto amosamos como o conserxe Moisés lle daba voltas ás castañas que finalmente lle quedaron deliciosas.

14/11/2007 20:45 Autor: Rubén, Alba, Erica, Rosana. #. Tema: Actividades

30/10/2007

Investigar en Primaria

investiga.gif

Algunhas recomendacións para facer un traballo de investigación. Dirixido ós alumnos e alumnas de 6º de Primaria.

30/10/2007 13:14 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

22/06/2007

Festa da tortilla e... VACACIÓNS!!

Hoxe levamos unha farta de tortilla no último día antes das vacacións. Agora toca pasalo ben no verán Sonriente


22/06/2007 21:37 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

11/06/2007

Visita das nais e pais do alumnado de 6º ó IES Illa de Ons

Comunicamos que o vindeiro xoves, día 14 de xuño, ás 12:00, os pais e nais do CEIP Montemogos de Beluso están invitados a visitar o insitituto Illa de Ons, en Bueu, onde serán recibidos polo equipo directivo e informados de todos aqueles aspectos do seu interese en relación coa asistencia dos seus fillos e fillas a este instituto no vindeiro curso.
11/06/2007 13:07 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

06/06/2007

Exposición de pintura

Esta semana temos unha exposición no cole coas obras de pintura que realizaron os nenos e nenas do obradoiro de actividades extraescolares, organizado pola ANPA. Aquí temos as fotos:




06/06/2007 20:09 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

04/06/2007

Os alumnos de 6º visitan o IES Illa de Ons

O vindeiro mércores, día 6 de xuño, os alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria vamos visitar o IES Illa de Ons para coñecer como é o novo centro ó que vamos ir o próximo ano.

Temos moitas preguntas para facer:

  1. Como é o instituto, cantas aulas hai... hai biblioteca, sala de informática, ximnasio, cafetería...?
  2. A que hora comezan as clases, cando terminan, cal é a hora do recreo...
  3. Que materias hai no primeiro curso...hai optativas?
  4. Imos ter moitos profesores?
  5. .....

Mentres vamos alá, xa nos vamos informando acerca das cousas da ESO para aforrarlles preguntas á directora. Aquí tedes o que vamos atopando en internet:

Plan de Estudos (materias por cada curso)

Hoxe, día 6 visitamos o Instituto e a orientadora María José ensinounos a secretaría, a recepción onde estaba a bedel, o patio, o ximnasio, a sala de profes e a aula de francés, onde a directora Concha nos deu unha charla e respondeu ás nosas preguntas. Estivo moi ben. Antes de marchar vimos a cafetería e invitáronnos a unhas gominolas... así que xa non queriamos volver a Beluso. 

Temos unhas fotos cunha panorámica do Instituto, o ximnasio e o patio. 




04/06/2007 20:14 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

10/05/2007

Actividades con zona CLIC

Coñeces as actividades CLIC? Seguro que si. Aquí podes buscar calquera delas e facela directamente en internet.

10/05/2007 21:35 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

Actividades en internet

Excelente e ampla recompilación de recursos online, clasificados por ciclos e materias.

10/05/2007 21:33 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

07/05/2007

Como funcionan as cousas?

 Nesta páxina podes ver a través dunhas animacións o funcionamento de distintos procesos, aparatos, etc.


 

07/05/2007 11:32 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

03/05/2007

Obradoiro de Xadrez

Os mércores despois do recreo temos varios obradoiros nos que participamos tódolos nenos e nenas do colexio.

Son os obradoiros de teatro, música, tecnoloxía, creatividade... e tamén de xadrez. Aquí podedes ver unhas fotos do obradoiro de xadrez.


Por certo, que hai unha dura batalla para gañar o campionato!!

 

03/05/2007 13:23 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

05/03/2007

Galicia encantada

 

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria: un feixe de mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras.

 

05/03/2007 21:21 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades

03/03/2007

Poesías cantadas

Moitos poemas interpretados por diversos cantantes

 

03/03/2007 01:09 Autor: ceipmontemogos. #. Tema: Actividades


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]