Blogia
Blog do CEIP Montemogos

Letras galegas

LA VOZ DE GALICIA

O periódico de La Voz de Galicia divídese nos apartados: Galicia, Economía, Opinión, O tempo, España, Sociedade e Deportes.Todos teñen un periódico  pequeno  que dependendo do lugar de onde sexa  se lle cambia o nome; pode ser La Voz de Pontevedra, La Voz de Vigo...

Curraces e Uxío Novoneyra

Curraces e Uxío Novoneyra

Despois de recadar datos e falar sobre o Día das Letras Galegas e o seu homenaxeado, decidimos elaborar un libriño co que máis nos chamou a atención: naceu en Lugo, nas montañas do Courel, foi escritor e poeta... Ata emulamos a Andy Warhol pintando o seu retrato en pop art.

Dentro da súa obra gustounos a poesía do Cuco, por iso escribímola entre todos axudándonos de pictogramas, plastilina, brillantina... Gústavos?

MAIO: NAS LETRAS GALEGAS LEMBRAMOS A UXÍO NOVONEIRA

Día das letras galegas 2010

Este ano 2010 nas Letras Galegas lembramos ao escritor Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. No CEIP Montemogos estamos a realizar distintas propostas dende o Equipo de Normalización e Claustro de mestres en xeral que terán o seu cume na celebración da "XXIII Semana Cultural"que desenvolveremos neste mes de maio.

Para que poidamos ir desenvolvendo os nosos proxectos e investigando máis doadamente recollemos estes recursos, realizados por distintas persoas, colectivos e institucións.

 

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php

http://www.youtube.com/watch?v=Up75ODDFC90&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=S6a3WKMRYO0&feature=related

O noso agradecemento aos que comparten recursos para traballar no eido educativo.

As Letras Galegas do 2009

RAMÓN PIÑEIRO SERÁ O PROTAGONISTA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO 2009

O plenario da Real Academia Galega (RAG) decidiu o día de hoxe que se dedique o próximo Día das Letras Galegas do 2009 ao escritor, escritor de ensaios e tradutor Ramón Piñeiro López.

 A Real Academia destacou, tras tomar a decisión, a dedicación total e desinteresada da súa vida na defensa de Galicia e a súa cultura, polo que debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria para as novas xeracións.ensaios e tradutor

Fomos ao Correlingua!!

As nenas e nenos de 3º e 4º cursos fomos hoxe ao Correlingua a Pontevedra. Escoitamos uns gaiteiros que tocaban a gaita e os tambores, e uns homes que tiraban os bolos, e tamén había uns xigantes que daban voltas arredor.

Despois déronnos unha boa merenda, con mazás, cacahuetes e unha botella de auga. Máis tarde repartiron uns premios, pero a nós non nos tocou nada. Por fin apareceu o Xabarín e fartámonos de bailar coas cancións que cantaba.

Ao rematar soltamos un montón de globos, un de cada colexio, para que a lingua galega se espallase o máis lonxe posible.

Antes de coller o autobús dimos unha volta pola zona vella de Pontevedra, e vimos unhas excavacións arqueolóxicas onde había ósos enterrados.

(O resto das fotos podedes velas pinchando aquí)

Visita ao museo Massó e charla de D. Arturo Sánchez

O venres pasado, o alumnado 5º e 6º cursos visitamos o museo Massó, en Bueu. Contamos coa excelente guía do señor D. Manuel Aldao Portas, antigo xefe de persoal da conserveira, que nos contou un feixe de anécdotas e historias arredor da pesca, as artes, os barcos, etc. Chamounos moito a atención as historias sobre a pesca da balea, e puidemos ver un arpón e outras ferramentas para cazar baleas. Tamén nos explicou como traballaba a xente de Beluso, pescando e vendendo peixe na lonxa, cos cestos que facían os cesteiros e que levaban as mulleres na cabeza.

(Temos máis fotos pinchando na de arriba, ou aquí)

No museo hai dous andares, e no andar de arriba hai libros moi vellos, algúns de antes de que se inventase a imprenta (antes de que Colón descubrise América) e que se chaman "incunables", que explicaban como había que navegar. Tamén había maquetas moi grandes de carabelas e outros barcos moi importantes, de guerra. O máis grande de todos era o barco que mandaba o almirante Churruca na batalla de Trafalgar.

O luns tivemos unha charla que nos gustou moito sobre a salga (ou salgadura) e a conserva en Bueu. D. Arturo Sánchez contounos como era o proceso da salga nas primeiras factorías que houbo en Bueu e en Beluso, que as fixeran empresarios cataláns e tamén un italiano moi famoso e moi rico. Os cataláns foron quen trouxeron a arte de pesca do cerco e así pescábanse moitas sardiñas.


O proceso da salga consistía no seguinte:
1. Pescábanse as sardiñas e botábanse nunhas pozas con moito sal, facendo unha salmoira. Cando unha pataca flotaba nesa auga era que tiña o sal que lle facía falta.
2. As sardiñas cosíanse nunhas restes para que se secasen.
3. Despois de lavadas empaquetábanse dentro dunhas barricas ou pipas, como as do viño, alternando unha capa de sardiñas e outra de sal.
4. Para terminar, prensábanse, para que perdesen a graxa de sobra, e xa estaban listas para a venda.

Aínda non hai moitos anos que Bueu estaba chea de fábricas de salga e de conserva, onde traballaban moitísimas mulleres. Esas fábricas foron pechando porque deixaron de ser rentables e agora só queda unha ou dúas. Pero non podemos esquecer o importante que foi este traballo para que Bueu e Beluso sexan hoxe en día o importantes que son, e debemos conservar a súa memoria. (Ver foto da antiga fábrica de Massó en Cangas).

Tamén os recordamos que temos unha exposición na biblioteca sobre sobre a salga e as conservas en Bueu: podedes ver os diferentes tipos de prensas, de latas de conservas, un maletín dun vendedor, fotos... (Aquí podedes ver unhas cantas fotos da exposición)

Animación á lectura con Manuel Solla

Hoxe tivemos unha sesión de contacontos e animación á lectura a cargo de Manuel Solla. Contounos un conto de Juanito, que foi moi divertido. Despois saíron ao escenario uns nenos e nenas para dicir trabalinguas, e rímonos porque se trabucaban moito. A seguir saíron máis nenos e nenas a imitar animais e nós tiñamos que adiviñalos, rímonos moito cando Erica imitou un cabalo.

Día das Letras Galegas 2008

Polo seu labor como editor e pola súa defensa da lingua e a cultura galega a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras, o 17 de maio de 2008, a Xosé María Álvarez Blázquez.

Na web de Bibliotecadocole (CEIP de Quintela, Moaña) fixeron unha presentación que resume a vida de Álvarez Blázquez:

 Na páxina web do Seminario Galán temos á nosa disposición unhas unidades didácticas para a etapa de educación infantil e para o primeiro, segundo e terceiro ciclos de educación primaria.

Están tanto en formato .pdf para imprimir e traballalas na clase (ou na pizarra dixital), e tamén como actividades online de JClic ou LIM.

Preparados, listos... Correlingua!

O Correlingua pasará dende o martes 6 de maio e até o venres 16 por trece vilas de toda Galicia, e espérase que nel participen ao redor de corenta mil rapaces.

O Correlingua naceu no ano 2000, e en cada edición vai engadindo actividades. Este ano entregáronse os premios dos concursos de Manifesto do Correlingua 2008 e de Banda Deseñada, mais tamén se incorporou o A Polo Ghit, en colaboración con Radio Galega e Vieiros.

Noticia recollida en Vieiros.com

PROGRAMA EN PONTEVEDRA, o próximo martes

10.30
Chegada dos centros á Praza da Ferraría.

11.00
Saída do Correlingua:

Saída da praza da Ferraría, rúa Pasantería, Padre Sarmiento, Gregorio Fernández, praza da Pedreira, rúa Serra, rúa San Xulián, praza Méndez Nuñez, rúa de Don Gonzalo, praza de Curros Enríquez, rúa Real, rúa Ponte, rúa do Barón, praza Cinco Rúas, Paio Gómez Charino, Dona Tareixa, rúa Alta, rúa Isabel Segunda, rúa Amargura, praza Alonso Fonseca, avenida Santa María, rúa Bastida, rúa Michelena, Porta Trabancas, praza da Ferraría.

12.00
Actos da praza da Ferrería.

Lectura do manifesto

Entrega de agasallos

13.00
Finalización do acto

A Mesa pide á TVG que volva emitir o Xabarín Club polas tardes

Noticia recollida no blog de GZnación 29 Xan 08

A Mocidade pola Normalización Lingüística e o Colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego, seccións da Mesa pola Normalización Lingüística denuncian a modificación no horario de tarde da TVG, que deixa fóra o ‘Xabarín Club’, o coñecido espazo televisivo infantil da canle pública. Co cambio, o programa fica relegado aos sábados pola mañá e máis a un reducido oco na primeira hora da mañá pola semana de, aproximadamente, unha hora de duración.

María Mariño no día das Letras Galegas 2007


No mes das Letras Galegas 2007 publícanse dous novos recursos a través do Portal de Contidos da Xunta de Galicia.

O primeiro trátase das actividades que podes descargar para traballar directamente como fichas:

 

Ou ben traballalas directamente a través de internet:


O segundo recurso é unha animación flash sobre a vida e a obra de María Mariño, tamén para visualizar no ordenador.
Publicado no Boletín nº 18 da CEOU