Blogia

Blog do CEIP Montemogos

Despedida dedicada ao meu cole

Agora despois de 6 anos estando no mesmo cole os nenos de 6ºa e 6ºb temos que dicirlle adeus ao noso cole porque nos toca ir ao instituto. É unha pena porque xa estabamos acostumados ao mesmo cole e agora é un cambio moi grande porque no instituto temos un profe para cada asignatura e ademais agora despois de estar eses seis anos cos mesmos compañeiros vannos mezclar cos nenos e nenas de Cela que non todos os coñecemos pero bueno, como todos os coles despois ímonos acostumar. Un saúdo para todo o profesorado do colexio, en especial para o profesor Manuel Fariña. Felices vacacións a todos e todas! Risa

Tamén para ti Lucía, e para os teus compañeiros e compañeiras que comezades unha nova singladura. Non arriedes áncoras, e continuade navegando.

Non vos esqueceremos! Sonrisa

AO FIN CHEGAN AS "HOLIDAYS"

AO FIN CHEGAN AS "HOLIDAYS"

Para todos aqueles que durante o verán, ademais de disfrutar da praia e do tempo de lecer queiran tamén divertirse repasando e xogando co Inglés tedes aquí uns enlaces de páxinas web nas que atoparedes games (xogos), exercicios “on line” con solucións, vocabulario ilustrado e a súa pronunciación, listenings con exercicios onde vos mesmos podedes corrixir os erros, lecturas, gramática, worksheets (follas de exercicios para imprimir), artcrafts (manualidades), etc.

Só tedes que buscar os que sexan axeitados ao voso nivel e  a DISFRUTAR!!!Todo bien

http://learnenglishkids.britishcouncil.org/en 

Páxina official do Consello Británico, institución pública para difundir o coñecemento da lingua. Temos traballado  con ela os alumnos de 4º e 5º).

http://www.languageguide.org/esp/

Interesante recurso sonoro: imaxe, palabra escrita e pronunciación. Temas: The Alphabet, Numbers, Fruit, Animals, Weather, House,  Clothes…

http://www.mansioningles.com/

http://www.eslprintables.com/

http://www.englishexercises.org/ 

http://www.uptoten.com/

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/loreto/sugerencias.html

Escollede a asignatura de Inglés e adiante…

Fin de curso do 1º ciclo

Fin de curso do 1º ciclo

Os nenos e nenas de 1º e 2º estivemos de excursión de fin de curso en Vigo, aprendemos moito no MARCO (Museo de Arte Contemporáneo) e no Verbum (Museo das Palabras). Comemos en Samil e viaxamos en barco ata Cangas. Chegamos moi cansos ao colexio pero... pasámolo en grande!

Aquí vos deixamos unha foto nosa no muelle de Cangas Todo bien

Cun pé no cole grande

Cun pé no cole grande

Os nenos e nenas de 5 anos xa somos maiores e dentro dun pouco pasamos ao cole grande, por iso hoxe nos xuntamos para traballar un montón e coñecer un pouquiño máis o que se fai no cole grande.

As mamás, papás, avoas, tías... tamén estiveron no cole, nunha charla co xefe de estudos e a orientadora e fixeron un percorrido polas aulas, ximnasio, comedor... Gustoulles moito a clase coa pizarra dixital!

Que bo día pasamos!

Amosamos o noso traballo ás familias

Amosamos o noso traballo ás familias

Hoxe viñeron ao cole as mamás, papás, avoas... a ver o traballo que fixemos en Power Point sobre as CIDADES. Gustoulles moito!

Tamén lles recitamos poemas de Miguel Hernández na biblioteca.

Pasamos moitos nervios!

O QUE LLE GUSTA A NIÑA NAI DA BIBLIOTECA

PINTAR SOBRE CRISTAL EN UN FIN DE SEMANA  (AT-186) (Libros de Lance - Bellas artes, ocio y coleccionismo - Otros)

A miña nai pídeme que lle leve libros de MANUALIDADES. Gústoulle moito o de pintar sobre cristal.

O Día da nai pintamos e decoramos vasos, botellas,...

Eu prefiro os libros de animais, non me gusta moito lelos, pero si ver os debuxos e fotografías. Acaba de chegar un atlas de animais dos continentes.

A ver se o levo!

INSECTOS EXTRAORDINARIOS

 

Recoméndovos que leades o libro de insectos extraordinarios, na nosa biblio 59/CHI/ins.

 

Saen as caras dos bichos a un tamaño mui ampliado.

 

O que máis me gustou foi un texto  pequeniño que trae debaixo da fotografía que che poñía os datos máis interesantes.

CHARLA DE BÁDMINTON

CHARLA DE BÁDMINTON

O venres día 21 de maio, os nenos e nenas de quinto e sexto, fomos a unha charla de bádminton. Nesta explicáronnos como coller a raqueta e os diferentes tipos de "pluma" ou "volante".

A continuación, os de quinto e despois os de sexto,estivemos practicando. Fixémolo de xeito individual, en pequenos grupos e entre todos. Démoslle ao volante, primero lonxe e despois moi cerca da rede.

Por último,  xogamos un partido  entre quinto e sexto, no que resultou gañador quinto; pero con trampas...Llora LloraRisaRisa

Encontro co escritor Jacobo Fernández Serrano

A pasada semana todos os alumnos de terceiro ciclo atopámonos co último premio Xerais de literatura infantil. Nos pasados meses leramos a súa obra "Mil cousas poden pasar. Libro I".

O encontro resultou moi agradable e divertido porque nos explicou como se sentía cando escribía sobre cada unha das personaxes.

Foi tan amable que nos firmou todos os libros, ilustrando a dedicatoria coas personaxes do gato Kandás e o porco Isaías...

82-N/FER/mil

EXCURSIÓN A VIGO

EXCURSIÓN A VIGO

HOXE, MÉRCORES 19 DE MARZO, FOMOS DE EXCURSIÓN A VIGO.

VIMOS A OBRA DE TEATRO "ME DUELE EL CAPARAZÓN".

LOGO VISITAMOS O MUSEO DO MAR. PASÁMOLO FENOMENAL, CANTAMOS E BAILAMOS COMA PEIXIÑOS.

FIADEIRO LETRAS GALEGAS 2010

Poñemos a disposición de todos os lectores este esforzo común dos alumnos e os seus mestres, dende infantil ata sexto de primaria.

Investigamos sobre as cidades e os animais, amosamos o entroido en distintas vilas do Morrazo, falamos coas extraballadoras da fábrica,... e como non as Letras Galegas e Uxío Novoneyra teñen o lugar que lles corresponde.

Clic na portada para lelo

VISITA Á AULA DE NATUREZA DE CABO UDRA

VISITA Á AULA DE NATUREZA DE CABO UDRA

HOXE, MÉRCORES 12 DE MAIO, FIXEMOS UNHA VISITA Á AULA DE NATUREZA DE CABO UDRA.

VIMOS MURAIS QUE  AMOSABAN OS ANIMAIS E  PLANTAS DO HÁBITAT DO CABO.

FIXEMOS RUTAS DE SENDERISMO ONDE PUDEMOS COMPROBAR OS NOSOS COÑECEMENTOS.

Curraces e Uxío Novoneyra

Curraces e Uxío Novoneyra

Despois de recadar datos e falar sobre o Día das Letras Galegas e o seu homenaxeado, decidimos elaborar un libriño co que máis nos chamou a atención: naceu en Lugo, nas montañas do Courel, foi escritor e poeta... Ata emulamos a Andy Warhol pintando o seu retrato en pop art.

Dentro da súa obra gustounos a poesía do Cuco, por iso escribímola entre todos axudándonos de pictogramas, plastilina, brillantina... Gústavos?

Entrevista a Xosé Cestay.

Entrevista a Xosé Cestay.

 

ENTREVISTA A XOSÉ CESTAY ENCARGADO DA BILIOTECA ESCOLAR

 

 

 

Un grupo de alumnos de terceiro do Colexio de Beluso imos comezar unha serie de entrevistas a membros da comunidade educativa do centro. Con esta intentaremos coñecer os gustos literarios e outros datos de interese do encargado da nosa biblioteca escolar Xosé Cestay.

 

 CUESTIONARIO:

 

  • Recorda cal foi o primeiro libro que leu e lle impresionou?

 "O gato con botas". Estaba troquelado coa figura de gato. Era moi fermoso e lino moitas veces. Regaloumo a miña avoa.

  • Que libro está lendo na actualidade?

Un libro sobre bibliotecas escolares que se chama “Guía para bibliotecas escolares”.

  • Que tipo de lectura prefire?

A Narrativa, as historias ben contadas. Tamén as que me axudan a facer mellor o meu traballo.

  • Cales son os seus autores favoritos?

Manolo Rivas, en galego. Tamén Bernardo Atxaga. Gustoume moito Javier Cercas o autor de “Soldados de Salamina”.

  • Que necesidades ten a biblioteca?

Traballar a educación documental: como teñen os alumnos que buscar a información, como investigar, como contar o que saben… Tamén temos que comprar algún libro electrónico. Os alumnos piden máis libros de Gerónimo Stilton.

Non dubidar que a correcta ubicación facilita a rápida localización.

  • De quen foi a idea de poñer a Belusiña como mascota da biblioteca?

Xa estaba cando eu cheguei. Organizouse un concurso hai anos para elixir mascota e Belusiña foi a triunfadora.

  • Gústalle a nosa mascota?

Encántame vela colgada no teito da biblioteca lendo os libros. Ademais anima a que algunhas persoas lean máis libros.

  • Como valora a idea de elixir a algúns alumnos como axudantes da biblioteca?

É fundamental, pero como traballan moito tamén se cansan e imos ter que facerlles un agasallo polo seu esforzo.

  • Podería darnos algunha razón dos baixos índices de lectura en Galicia?

Tradicionalmente a sociedade galega, moi ruralizada, dispoñía de pouco tempo de lecer, o mundo escolar non afondaba na realidade próxima e os libros parecían alleos.

Na actualidade os textos instrutivos (videoxogos, actividades en rede, …) precisan máis reforzo comprensivo. A escola debe potenciar a lectura usando estratexias que se poidan manter no tempo: clubs de lectura, lecturas en familia, mochilas viaxeiras, uso de novas tecnoloxías …

  • As novas tecnoloxías poñen en perigo o futuro do libro impreso? 

Creo que non, son complementarias. É certo que no futuro as novas tecnoloxías van cambiar, xa están cambiando o xeito de acceder á lectura e á información.

  • O número de lectores, aumenta, que número aproximado?

No presente curso, aumentaron. Deseñouse a hora de lectura diaria, facilitáronse os préstamos a través da aplicación “Meiga”, dende a casa pódense comprobar os libros que temos na biblioteca … Todo isto axudou a que se movan moitos libros, arredor de 80 préstamos á semana. Faltan por achegarse os lectores que se están iniciando no uso dos ordenadores. O gran esforzo debe ir na alfabetización da infornación e no uso correcto das novas posibilidades de lectores-escritores (blog, redes sociais, …)

  • Por último, que razón nos daría para animar aos alumnos do colexio á lectura?

É o mellor xeito, a lectura, de descubrir mundos fascinantes, aventuras por lugares moi perigosos, atopar superheroes con máxicos poderes. Pode ser fantástica unha viaxe polos libros.

Grazas por contestar a todas as nosas preguntas. Esperamos que a biblioteca sexa cada vez máis importante no funcionamento do centro e desexámoslle a vostede moita sorte na función que desempeña.

Alba, Benito, Carlos, Lara, Lucia, María, Rebeca, Sergio, Ismael, Ángel 3º

CHARLA DE PIRAGÜISMO

CHARLA DE PIRAGÜISMO

O xoves 29 de abril asistimos a unha conferencia de piragüismo. Veu Kike  o preparador físico do Club Ría de Aldán e ensinounos os distintos tipos de embarcacións e de pas. Amosounos como sentar na piragüa e a posición na canoa. A continuación púxonos un vídeo das instalacións e dos alumnos do club e alentounos a participar deste marabilloso deporte olímpico.

 

MAIO: NAS LETRAS GALEGAS LEMBRAMOS A UXÍO NOVONEIRA

Día das letras galegas 2010

Este ano 2010 nas Letras Galegas lembramos ao escritor Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. No CEIP Montemogos estamos a realizar distintas propostas dende o Equipo de Normalización e Claustro de mestres en xeral que terán o seu cume na celebración da "XXIII Semana Cultural"que desenvolveremos neste mes de maio.

Para que poidamos ir desenvolvendo os nosos proxectos e investigando máis doadamente recollemos estes recursos, realizados por distintas persoas, colectivos e institucións.

 

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php

http://www.youtube.com/watch?v=Up75ODDFC90&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=S6a3WKMRYO0&feature=related

O noso agradecemento aos que comparten recursos para traballar no eido educativo.

OS DE INFANTIL VISITAN A LONXA

OS DE INFANTIL VISITAN A LONXA

HOXE, 27 DE ABRIL, POLA MAÑÁ, VISITAMOS A LONXA DE BUEU.

SAÍMOS DO COLE E FOMOS POLA ROIBA E A PRAIA DE BELUSO ATA BUEU. CHEGAMOS MOI CANSOS!!!

A TARTARUGA É MOI GRANDE E TIÑA A BOCA CHEÍÑA DE "DENTES".

Ó SAIR DA LONXA FOMOS Ó PARQUE.

FOI UNHA MAÑÁ ESTUPENDA!!!!

Viñeta gañadora

Viñeta gañadora

Aquí está a viñeta de Verónica de 5ºB. Foi o primeiro premio de Educación Primaria no IV CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN "A igualdade no traballo" do Centro de Información ás Mulleres (CIM) do noso Concello.

Está xenial!

Unha mención especial!

Unha mención especial!

... e aquí temos a viñeta de Clara de 5ºA que recibiu unha mención especial no concurso polo seu fantástico traballo.

Menuda artista!

Recital de poesía

Recital de poesía

O venres 23 de Abril imos celebrar no colexio grande un recital de poesía. Este ano imos recitar poemas de Miguel Hernández.

Os nenos de Cabalo eleximos catro  estrofas do poema "Aceituneros".


 Andaluces de Jaén

 aceituneros altivos

 decidme en el alma

¿quién, quién levantó los olivos?

 

No los levantó la nada,

ni el dinero, ni el señor

sino la tierra callada

el trabajo y el sudor.

Levántate, olivo cano

dijeron al pie del viento

Y el olivo alzó una mano

poderosa de cimiento.

 

Andaluces de Jaén

aceituneros altivos

pregunta mi alma

¿de quién, de quién son esos olivos?


 Como nos gustou moito, ademais de aprendela para recitar,tamén a ilustramos.