Se muestran los artículos pertenecientes al tema Conmemoracións e celebracións.
04/06/2008
5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
O Día Mundial do Medio Ambiente conmemórase o día 5 de xuño de cada ano, para estimular a concienciación sobre o ambiente a nivel mundial, ademais de promover a atención e acción política. O lema seleccionado para O Día Mundial do Medio Ambiente 2008 é Deixa o Hábito! Cara a unha economía baixa en Carbono, e proponnos reducir a nosa produción de CO2, principal causante do efecto invernadoiro e do quencemento glogal.
Na páxina do PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente) atoparás máis materiais informativos, e algúns vídeos, coma este dunha canción de Sting con imaxes e mensaxe.
Nos enlaces seguintes podes aprender consellos para colaborar na mellora do medio ambiente:
Como podes controlar ti o cambio climático: baixa, apaga, recicla e anda.
Calcula as emisións de Carbono que podes aforrar
Baixa a calefacción, apaga as luces que non necesitas, recicla os residuos e camiña ou vai en bici á escola; estas son algunhas das formas nas que podes axudar.
Para rematar aquí tedes uns xogos:
1. Para cuidar a illa de Honoloko.
2. Moitos máis xogos na web de Fundación Biodiversidad.
08/05/2008
Coñecer Europa xogando
Na conmemoración do día 9 de maio como Día de Europa, propoñémovos visitar unhas páxinas web: para o alumnado de terceiro ciclo podedes explorar Europa e repasar os vosos coñecementos (datos de poboación, clima, agricultura, etc.) na páxina que segue.
E tamén enteraros de moitas outras cousas en 
Os máis pequenos podedes aprender cousas sobre Europa cuns xogos.
06/03/2008
Contacontos no Día Internacional da Muller
Hoxe houbo sesión de contacontos no cole para todos os nenos e nenas. Neka contounos os contos de Leopoldo e Casilda e o do Crocodilo namorado. Cousa rara que un crocodilo se namore dunha xirafa, pero son cousas que pasan. Os contos fannos pensar que todos e todas somos persoas e que é bo respectar as nosas diferenzas.
11/02/2008
Conmemoración do día da muller traballadora (8 de marzo): actividades
Co gallo da conmemoración do día 8 de marzo de 2008, Día Internacional da muller traballadora, temos en marcha as seguintes actividades:
1. O II Concurso de Viñeta e Ilustración "A igualdade no traballo", convocado polo CIM do concello de Bueu. Aquí tedes as bases da convocatoria.
Máis viñetas para inspirarse nos seguintes enlaces:
2. Actividade de CONTACONTOS nos colexios de Infantil e Primaria, con 3 contos propostos:
1.- Aurora Vidal Martínez. Mestra da Banda do Río.
2.- Euxenia Domínguez. Mestra de Cela, suspendida no cargo.
3.- Leopoldina Gómez. Mestra en Bon, suspendida no cargo.
4.- Tareixa López González. Mestra en Bueu, suspendida no cargo.
En cada colexio, un grupo de nenos e nenas fará unha entrevista a un familiar destas mulleres ou a algunha outra que sufrise unha situación similar e gravarase en vídeo, co obxecto de poder editar un DVD con todas as entrevistas feitas.
Para coñecer máis sobre as persoas represaliadas en Bueu tralo alzamento militar franquista de 1936 podes visitar a web da Asociación de Amigos de Johán Carballeira, que fora alcalde de Bueu asasinado en 1936.
01/02/2008
Entroido 2008
Hoxe tivemos o desfile de entroido, lástima que a chuvia non nos deixase ir ata a praza lucir os traxes. Pero aínda así presentamos as comparsas no salón de actos diante dos nosos pais e nais e logo desfilamos arredor do cole.
E a seguir imos ver uns vídeos. Así estaba o ambiente antes de empezar:
Os nenos e nenas de infantil de Cabalo e as súas profes comezan o desfile disfrazados de cartas da baralla.
Os de 2º ciclo foron todos de perigosos piratas do Caribe... daba medo velos! Xa para rematar, os de 3º ciclo eran Peter Pan e Campaniña e Alí Babá e os seus malvados 40 mamóns.
Para acabar imos ver unhas fotos do desfile. Pinchade nesta foto para ver o resto.
30/01/2008
Celebración do Día da Paz
Hoxe celebramos o día da paz no cole.
Xuntámonos todos os nenos, as nenas, os profes e as profes e támén Moisés no patio e limos uns manifestos que traballaramos na clase. Despois, pegámolos nunha pancarta moi grande.
Imos ver en primeiro lugar a dúas nenas de educación infantil lendo os seus manifestos.
Os nenos de 1º curso (Rebeca e Sergio) déronnos a receta da Tarta da Paz, e fartar fartámonos... de rir, claro.
Por 2º A leron os manifestos Cristian e Ana
Por 2º B leron André e Raquel
Os de 4ºB (Anxo e Ana) e os de 5º (Vanesa e Jorge) van no mesmo vídeo:
E os últimos manifestos léronos as nenas de 6ºB Aida e Celeste
Para rematar cantamos todos xuntos unha canción.
Antes de despedirnos poñemos unha foto que nos lembra o que temos que facerlle ás guerras: quen se apunta?
E un xogo de preguntas para ver quen gaña o premio ó mellor pacifista:
Recollido no blog Ensino en galego




